Saltar ao contido
Sitio web 28 de agosto de 2024

Actualización da web do CD Barco

Descubre as melloras da web do CD Barco: reorganización do blog, novo apartado de eventos e xestión interna da táboa de competición.

Actualización da web do CD Barco

Son Juan A. Doval, desenvolvedor da web do CD Barco, e compráceme anunciar unha serie de melloras na nosa plataforma dixital.

Neste redeseño adoptamos tecnoloxías máis avanzadas que nos permiten axilizar o desenvolvemento e ampliar as funcionalidades da web. Estas melloras optimizan o rendemento e dannos flexibilidade para incorporar novas funcións que enriquecerán a experiencia das persoas usuarias.

Entre as principais novidades, realizamos unha reorganización completa do blog, mellorando a súa estrutura e accesibilidade para facilitar o seguimento das noticias do club. Ademais, engadimos un novo apartado de eventos, onde consultar a información sobre as actividades e os próximos encontros.

Outro avance é a xestión interna da táboa de competición, administrada directamente por nós, para mellorar a precisión e actualización dos datos.

Estas son algunhas das melloras que implementamos. Proximamente introduciremos novas funcións para mellorar a experiencia da afección.

Grazas por acompañarnos nesta evolución. Vémonos na web!

WEB

Sobre a autoría

Juan A. Doval Juan A. Doval
Compartir artigo
Últimas novas

Co apoio de

Os nosos patrocinadores

Concello de O Barco de Valdeorras
Xunta de Galicia
Deputación de Ourense
Impulso23